Peche patronal

O peche ou paro patronal, tamén coñecido polo seu nome inglés de lockout (literalmente "pechar e deixar fóra"), expresión utilizada en inglés para se referir ao apagado ou posta fóra de servizo dunha máquina) é unha medida de acción directa que consiste na paralización total ou parcial das actividades dun ou varios establecementos ou actividades económicas, por decisión do empresario ou patrón.[1] O peche patronal pode estar dirixido contra os traballadores, especialmente os sindicatos, para evadir as súas peticións laborais, ou contra o Estado, coa fin de forzalo a cambiar determinada política pública, ou como expresión de descontento contra determinado goberno.

A Organización Internacional do Traballo (OIT) definiu o lockout como "o peche total ou parcial dun ou máis lugares de traballo, ou a obstaculización da actividade normal dos empregados, por un ou máis empregadores coa intención de forzar ou resistir demandas ou expresar queixas, ou apoiar a outros empregadores nas súas demandas ou queixas".[2]

  1. Grisolía, Julio Armando (2001). Derecho del Trabajo y de la Seguridad Social. Buenos Aires: Depalma. p. 923. 
  2. "A lockout is a total or partial temporary closure of one or more places of employment, or the hindering of the normal work activities of employees, by one or more employers with a view to enforcing or resisting demands or expressing grievances, or supporting other employers in their demands or grievances". OIT, Resolution concerning statistics of strikes, lockouts and other action due to labour disputes, adoptada por la Décimo quinta Conferencia Internacional de Estadísticas Laborales, enero de 1993.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search